O BNG proporá a inclusión de Lugo na Rede de Cidades que Camiñan

O BNG levará ao vindeiro pleno do concello de Lugo unha proposta para incluír o concello de Lugo na Rede de Cidades que Camiñan. Rubén Arroxo sinalou “seguimos traballando na liña de acadar un Lugo máis amable coas persoas tomando como referencia o traballo doutras cidades que son referente” e explicou que “co fin de traballar neste camiño estanse a desenvolver todo tipo de iniciativas, como poida ser a Rede de Cidades que Camiñan, unha asociación internacional que conta xa con máis de 20 municipios, entre os que se atopan algúns concellos galegos como Carballo ou Pontevedra”.

As cidades que fan parte desta rede apostan por unha accesibilidade universal, unha maior seguridade viaria e un compromiso co medio ambiente, baseándose na Carta Europea dos Dereitos do Peón e na Carta Internacional do Camiñar, levando adiante accións coma limitar as zonas urbanas a 30km/h e deseñando planos “Metrominuto” para fomentar os desprazamentos a pé.

Dende o BNG – AA tamén se aposta pola implantación de medidas de concienciación para incrementar os desprazamentos a pé. Arroxo matizou “chegamos a unha sociedade sedentaria, que intenta levar o vehículo ata as portas do lugar ao que se achega, facendo que por unha banda se dispare a nivel mundial a produción de CO2 por desprazamentos, xa que o transporte é a maior causa de produción de dióxido de carbono do planeta, e por outra levando á veciñanza a camiñar moito menos dos 10km ao día que recomenda a OMS”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com