O BNG proporá no Pleno a sinalización dos radares, un plan contra a Velutina e a apertura de parkings públicos

Rubén Arroxo lembrou as proposición que o BNG levará ao Pleno da Corporación que se celebrará o vindeiro xoves, 26 de xullo, a partir das 10 da mañá. Unha das propostas do BNG está referida a que o Concello de Lugo chegue a acordos coa Deputación e a Xunta para abrir “polo menos” dous novos espazos de aparcamento público. Sumando estes dous novos espazos, afirmou Arroxo “crearíase unha rede de tres aparcadoiros públicos en diferentes puntos da Ronda que beneficiarían o comercio e o acceso ao casco histórico”. A proposta do BNG pasa por abrir ao público, polo menos durante as tardes, o espazo traseiro da sede do INLUDES (antigo Fogar de Santa María) e o aparcamento do edificio da Xunta de Galiza.

Rubén Arroxo explicou que o aparcadoiro do edificio da Xunta conta cun total de 250 prazas, divido e dúas plantas, e o do antigo Fogar de Santa María podería ter entorno a 80 prazas de aparcamento. “Somos conscientes que no edificio da Xunta aparcan coches oficiais do organismo pero é evidente que se podería estudar abrir unha das plantas que unicamente é utlizadas polas mañás polos traballadores da Xunta igual que se fixo co aparcadoiro do edificio do Seminario” sinalou o voceiro do BNG.

BNG proporá, a través dunha iniciativa plenaria, sinalizar os radares de control de velocidade do tráfico que son de titularidade municipal. Neste momento existen dous radares fixos na ronda da Muralla, un na Av. de Madrid e outro na Av. Infanta Elena. “Noutros lugares como, por exemplo, Euskadi os radares están perfectamente sinalizados indicando a velocidade que non se debe exceder para cumprir coa súa función e non son, como aquí, auténticas trampas cunha función recadatoria” explicou Rubén Arroxo. O concello de Lugo impuxo, no ano 2017, 24.419 sancións e un total de 9.224 multas foron debidas aos radares que están situados en diferentes puntos da cidade e recadáronse entorno a 2 millóns de euros. Para o BNG o concello non  pode utilizar os radares como máquinas recadatorias, se non como medidas preventivas para calmar o tráfico.

 BNG levará, tamén, ao Pleno do concello de Lugo unha iniciativa para reclamar medidas de control contra a expansión da Vespa Velutina. A arroxo lembrou que o PP votou en contra dunha proposición non de Lei do BNG no  Parlamento galego na que se instaba á Xunta de Galicia a: “Impulsar, financiar e coordinar unha campaña primaveral de trampeo masivo coa distribución de 50.000 trampas cos seus 300.000 atraentes por todo o territorio galego onde a avespa Velutina teña presencia”. O BNG proporá que no concello se implanten sistemas de actuación para frear a praga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en terrazas e xardíns e explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com