O BNG reclama á Xunta alternativas na mellora da LU-231 que garantan o respecto do Patrimonio Natural

A Asociación para a defensa do patrimonio cultural galego (Apatrigal) puxo en coñecemento do Grupo parlamentario do Bloque Nacionalista Galego as alegacións que presentou ao proxecto de ampliación da estrada LU-231, estada que transcorre entre os concellos de Friol, Palas de Rei e Begonte.

A parlamentaria nacionalista por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha conversa coa entidade para informarse de primeira man sobre cal é a situación na que se atopa o proxecto a cal amosou o recoñecemento da necesidade de levar a cabo estas consideracións ao Parlamento galego.

A decisión da Xunta de ampliar até os 8 metros o ancho do vial para abrir dous carrís (un en cada sentido) responde ás demandas feitas en 2016 polos alcaldes dos concellos de Friol e Palas de Rei –na altura ambos os dous do Partido Popular– cuxo obxectivo é o de favorecer o tránsito de vehículos pesados, fundamentalmente camións, e non garantindo a conservación do espazo natural polo que transcorre.

Esta situación é debida á situación onde se atopa o vial, que parte dentro da zona declarada Reserva da Biosfera Terras do Miño onde se localizan especies autóctonas como freixos, bidueiras ou carballos que fan parte do patrimonio natural propio do país.

Rodil asegurou que “este espazo é Reserva da Biosfera e que a mellora da vía non ten por que ser incompatíbel con manter as árbores autóctonas que se atopan na beira da estrada, polo que debe ser respectado”.

Porén, a nacionalista resaltou que “non fica claro que a Xunta de Galicia tivese en conta o enorme impacto que este proxecto de ampliación da LU-231 terá sobre o territorio e a paisaxe nin que se tivesen valorado alternativas que permitan mellorar o tránsito e a seguridade viaria ao tempo que o respecto ao medio”

Por estas razóns, Rodil presentou ante o Parlamento galego as demandas amosadas por Apatrigal onde se lle fixo constancia ao goberno popular do prexuízo paisaxístico e do ataque ao  patrimonio natural galego que ocasiona e esixindo responsabilidades dos porqués non fixo respostas as alegacións presentadas pola entidade. Así tamén, se o goberno popular valorou opcións para mellorar a seguridade vial polo traxecto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com