O BNG reclama no Congreso o arranxo da N-540 cunha concentración  en Taboada

Nunha nota de prensa difundida esta mañá polos nacionalistas, denuncian que “a estrada N-540 segue nun estado de conservación pésimo e con fochancas en todo o percorrido dende Lugo a Ourense”.

Para reivindicar o arranxo  integral da devandita estrada, convocaron unha concentración a altura de Meixonfrío (Taboada), na que participaron Nestor Rego,deputado do BNG no  Congreso, Efrén Castro, Vicepresidente da Deputación Provincial, Jose Portela, tenente alcalde de Taboad, xunto con concelleiros das vilas por onde pasa a N-540 e veciñanza de Monterroso, Taboada e Chantada.

O BNG subliña que“en Lugo precisamos vías seguras  para estar conectados con Ourense, unha cidade coa que se ten moita relación comercial. Nos vindeiros orzamentos que se presenten no Congreso o BNG pedirá ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se inclúan unha serie de partidas para o arranxo integral desta estrada”, informou Néstor Rego ás persoas alí congregadas.

O BNG esixira que o goberno do Estado actúe de maneira inmediata naqueles puntos  da estrada onde o perigo para a circulación e maior, pois na mesma existen puntos onde se precisan actuacións de forma inmediata. E tamén estaremos pendentes de que se execute  esa reforma integral o antes posibel sen agardar ao 2025”, sinalou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com