O BNG reclama o acondicionamento do camiño de Penoucos en Bosende

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, uniuse á demanda de veciñas e veciños de Bosende para que se amañe o camiño de Penoucos.BNG xa solicitara fai tempo a  apertura e arranxo deste camiño público entre o río Rato e Bosende. Actualmente a maior parte do camiño está sen asfaltar e un tramo está totalmente intransitable. 

Para a veciñanza de Bosende, o camiño de Penoucos, é unha boa vía de comunicación porque lles permite chegar á cidade en pouco tempo. No catastro do ano 2.000 este camiño era de titularidade municipal e na última comisión na que se tratou este asunto o goberno municipal non tiña clara a titularidade do mesmo, aínda que se avanzou que se estaban a buscar solucións. 

Trátase do asfaltado de apenas un quilómetro que permitiría a veciñas e veciños de Bosende acceder dende o paseo do Rato ás súas vivendas. “A demanda xa lle foi trasladada ao Goberno Municipal pero continúa paralizada a pesar das promesas feitas polo edil de medio rural”, explicou Rubén Arroxo e apuntou “seguiremos insistindo con este tema por que é unha demanda veciñal e supón unha mellora para a calidade de vida das persoas que viven en Bosende”.

BNG levou este asunto á Comisión de Medio Rural do 19 de outubro de 2017 e alí o edil de Medio Rural do Goberno Municipal explicou que o camiño ten 3 tramos: un que xa está asfaltado de titularidade pública, outro de titularidade dubidosa e un último tramo no que se está negociando co propietario para asfaltalo e pasalo a titularidade pública.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com