O BNG reclamará a derrogación da Lei Montoro para ampliar a capacidade financiera dos concellos

O BNG presentará no vindeiro pleno da Deputación de Lugo, que se celebrará por vía telemática o 26 de maio, unha moción na que instará ao goberno do Estado a derrogar a Lei de estabilidade e sostenibilidade financieira (coñecida como Lei Montoro) no tocante as restricións que impón a concellos e deputacións no uso dos seus recursos.

A formación nacionalista explica que a norma, aprobada en 2012, “limita drasticamente a capacidade das entidades locais para dispoñer duns fondos que resultarían fundamentais para paliar a crise económica e social que derive da Covid-19”.

A derrogación da lei, indica o BNG, “permitiría liberar recursos agora bloqueados nas entidades financieiras – e dedicar os remanentes orzamentarios a desenvolver medidas orientadas a reducir o impacto da crise na cidadanía. Sempre, puntualiza o BNG, no marco das competencias das entidades locais”.

A este respecto a formación insiste “na necesidade de que cada administración asuma as súas competencias, para evitar duplicidades, solapamento ou baleiros que carguen nos ombreiros dos concellos – que xa están nunha situación de infrafinanciación ao respecto da media do estado – atribucións que non lles son propias”.

Na súa proposta para o debate no pleno, o grupo nacionalista urxe á Xunta de Galicia a elaborar plans reactivación económica e de axudas a pemes e autónomos, consensuados e refrendados polo Parlamento galego.

O BNG critica que o goberno galego se escondese tralo mando único na xestión da crise e reclámalle “unha actuación urxente” para establecer axudas -complementarias ás do Estado- para que persoas autónomas e pequenas empresas poidan seguir desenvolvendo a súa actividade”.

Os nacionalistas lembran que “distintas comunidades autónomas aprobaron xa hai semanas este tipo de medidas”

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Mai 21, 2020 - 11:27 PM

    Menudo lío, despilfarro a tuti ple

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com