O BNG recollerá sinaturas para reclamar un xulgado de violencia machista para Lugo

O BNG iniciará unha campaña de recollida de sinaturas para reivindicar a creación dun xulgado específico de violencia de xénero para Lugo. “É unha demanda histórica do BNG non só na cidade senón no conxunto das comarcas que se insiren na provincia” así o explicaron en rolda de prensa Olalla Rodil, parlamentaria do BNG, que estivo acompañada de concelleiras do BNG nos concellos da comarca de Lugo. “É unha demanda que parte de diferentes colectivos de mulleres” explicou Rodil e dixo que “poderemos recoller apoios para esta iniciativa mais tamén socializar entre a veciñanza a importancia de contarmos con maiores recursos xudiciais, tanto humanos, materiais como económicos, na loita contra a violencia machista”.

En 2016, segundo os datos publicados recentemente polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) na provincia de Lugo 671 mulleres denunciaron casos de violencia machista, case dúas ao día. No conxunto do país presentáronse 5.683 demandas. O número máis elevado desde 2010 e case 500 denuncias máis que en 2015. Desde o BNG queremos este recurso para atender de maneira acaída as mulleres da provincia pero tamén queremos que a campaña que hoxe lanzamos sirva para concienciar o conxunto da sociedade.

Dende o BNG lamentaron que o goberno da Xunta, nunha das súas primeiras decisións políticas deste mandato, deixara a Lugo sen ningún novo xulgado mentres que si se asignaron ás outras provincias galegas. A proposta que defendemos suporía comarcalizar este servizo e que o xulgado acollese todos os casos que se produzan en Lugo, sendo atendidos por profesionais especializados e con formación na materia. Neste momento non existe unha quenda específica de quenda de oficio con profesionais para atender este tipo de casos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com