O BNG solicita de novo crear carrís de incorporación na N-VI

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas no concello de Lugo acompañado da candidata ao congreso Olalla Rodil, visitaron o tramo da N – VI que vai dende a avenida das Américas ata o cruce de Garabolos. Rubén Arroxo lembrou que “estamos a falar de que o tramo con máis tráfico da provincia carece dos mínimos de seguridade vial” dado que existen unha decena de accesos a dita estrada que son incorporacións directas sen ningún espazo de aceleración ou desaceleración.

A candidata de Nós – Candidatura Galega comprometeuse a trasladar ao Congreso en Madrid esta petición que xa foi reclamada en diversas ocasións polo BNG como emenda aos orzamentos do estado.

Dende o grupo nacionalista lembran tamén que xa foron varias as ocasións nas que se fixo está reclamación, a última no pasado mes de marzo cando se fixo unha campaña reivindicativa con esta cuestión, onde foron sinalando con letreiros nalgúns dos puntos onde se precisaba de carrís de incorporación “malia as nosas diversas denuncias do estado deste tramo, nada se ten feito, e semella que nin tan sequera preocupa” sinalou o voceiro nacionalista

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com