O BNG solicita que se habilite o ‘leiraparking’ na contorna do Hula

O BNG-AA trasladará ao goberno municipal unha solicitude para que se acometa a limpeza no entorno do HULA e para que se faga un control da maleza espontánea que invade as beirarrúas. Rubén Arroxo sinalou que “xa está ben de que se use aos colectivos veciñais e ao aparcamento do HULA como arma política para non facer nada” e apuntou que “aparcar no entorno do hospital segue a ser unha odisea mentres os toxos e as xestas invaden as beirarúas e o terreo no que se anunciou o leiraparking”.

En maio de 2016 a alcaldesa anunciou, ante representantes de colectivos veciñais, que “coa aprobación dos orzamentos, o Concello seguirá impulsando os traballos para habilitar como aparcamento unha parcela municipal situada en fronte do complexo”. Rubén Arroxo referiuse a estas declaracións da alcaldesa e recriminou que “como moitas outras promesas e partidas orzamentarias o goberno municipal non foi capaz de executalas”.

Arroxo explicou que no mes de febreiro se fixo, na parcela de titularidade municipal “un desbroce mediatico” e anunciouse o acondicionamento deste espazo, mais “pasados 9 meses non se volveu facer absolutamente nada”. O voceiro do BNG-AA lembrou novamente que “este tipo de incumprimentos continuadas van dificultar a necesaria confianza no goberno municipal para a aprobación dos orzamentos do vindeiro exercicio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com