O BNG solicita un maior coidado do parque da Carballeira

O BNG – Asembleas Abertas solicitou ao goberno municipal unha maior atención na limpeza das zonas de xogo usadas polos nenos e nenas. A concelleira nacionalista, Maite Ferreiro, declarou que “recibimos queixas veciñais polo mal estado en canto a limpeza no que se atopan algúns dos elementos do parque e polo que nos informan os usuarios, isto xa leva meses así” .

Dende o grupo nacionalista tamén quixeron resaltar o mal estado no que se atopa o propio parque da Carballeira, na zona paralela á ronda de Fingoi “observamos que os antigos aparatos de ximnasia de madeira que alí se atopan están a sufrir un importante deterioro, polo que sería preciso un mantemento axeitado e periódico”. A concelleira nacionalista tamén fixo fincapé na varanda decorativa que antigamente ía paralela ao sendeiro da propia Carballeira e que a día de hoxe por efectos do vandalismo e do abandono, só quedan restos que dan unha imaxe totalmente negativa.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com