O bo o feo e o malo

A situación que se está a producir por mor do “off” informativo dos socialistas lucenses está a provocar unha tensa espera que podería rematar cos nervios do mesmísimo Clint Eastwood, nun dos seus míticos duelos ao sol de calquera filme dos espaghetti western, tan de moda nos 60 e 70 do pasado século.

Logo de catro horas de xuntanza entre Gómez Besteiro e López Orozco nada se sabe do que alí se falou e todo parece indicar que a estas horas da tarde o PSOE lucense sigue estudando que facer diante do que podería cualificarse como o reto máis difícil nunha negociación á que se ten enfrontado o equipo socialista. Pois nas anteriores negociacións co BNG, Orozco sempre saíra airoso do envite.

Pero, como en todo western, chega o momento culminante en que hai que enfrontarse ao adversario, conter a respiración e contar cos reflexos necesarios para saír airoso do duelo.

Música!!!

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com