Os amantes da literatura terán o xoves unha nova cita coa literatura, a partir das seis da tarde comezarán os Bocatas Literarios protagonizados polo escritor Santiago Jaureguízar, e a partir das oito será a Cata Literaria coa escritora Yolanda Castaño.
Santiago Jaureguizar nado en Bilbao pero residente en Galicia dende neno, destaca coas súas obras de narrativa xuvenil e obras de narrativa dirixida a un público adulto como son Cabaret Voltaire ou Breve crónica universal da clase obreira entre outros moitos títulos, premiados nos máis importantes certames de literatura.
Doutra banda, a escritora Yolanda Castaño presentará a súa obra poética da que destaca Vivimos no ciclo das erofanías, coa que recibiu o Premio da Crítica de Poesía Galega, ou Profundidade de campo, que obtivo o premio El Ojo Crítico concedido por Radio Nacional de España.
Ademais destacan as súas colaboracións en diferentes publicacións e en volumes colectivos.