Unha enorme marea celeste para apoiar ao equipo e os 30 puntos de Jeff Xavier non foron suficientes para facerse co primeiro triunfo no embite do play off.
O partido estivo moi igualado, pero a diferencia no rebote e nos tiros libres, 16 lanzados polo Breogán por 32 do Básquet Coruña, desequilibraron o derbi. O Básquet Coruña que estivo máis acertado no último cuarto levou a primeira vitoria da eliminatoria.
O segundo partido da eliminatoria terá lugar, maña, domingo ás 12:00 horas en Riazor.