75-74 Os celestes superaron ao Monbús Obradoiro nunha final de infarto.
O Club Baloncesto Breogán dominou prácticamente todo o encontro, chegando ao descanso con 10 puntos de vantaxe; O Obradoiro pouco a pouco foi recortando e no último cuarto chegaron a poñerse por diante no marcador, chegando a 73-74, pero dous tiros libres de Jordan déronlle a vitoria ao Breogán, que se converteu no novo Campión de Copa Galicia.