O equipo lucense conseguiu esta tarde, no Pazo dos Deportes, ante o Cáceres, unha nova vitoria nun encontro onde os de Quique Fraga foron notablemente superiores. Un partido cómodo para o Breogán no que sempre foi por diante no marcador, e no que destacou Matulionis con 24 puntos.
Co resultado final de 77-56 os celestes suman a súa cuarta vitoria consecutiva, o que os sitúa na sexta posición e máis preto dos play offs