O CB Breogán continúa co seu traballo en prol da visibilidade de diferentes doenzas. Este domingo, ás 17.00 horas, será o turno das enfermidades de ril. Así, o club celeste porá en valor o traballo da asociación ALCER e dará a coñecer, entre o público que acoda ao seu encontro contra o Baskonia, o labor desta asociación que na actualidade conta con preto de 400 socios.