O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, convidou a todos os lucenses e visitantes a participar no V Torneo Lugo é Basket, que terá lugar este domingo día 23 de setembro no Pazo dos Deportes. A partir das 11:15 horas, xogará o anfitrión, Cafés Candelas Breogán – Montakit Fuenlabrada; e pola tarde ás 18:00 horas, quenda feminina entre o Durán Maquinaria Ensino – Patatas Hijolusa León.
O organismo provincial colabora coa Asociación Xuvenil Sagrado Corazón na organización desta cita, cunha achega de 3.000 euros. Esta edición do Torneo Lugo é Basket tamén conta co apoio do Concello de Lugo, e serve para conmemorar os ascensos á máxim, xa que é a primeira en 12 anos que se celebra un encontro na capital e entre dous equipos da ACB.
Rivera Capón sinalou que “todos os afeccionados ao mundo do baloncesto teñen unha cita obrigada este domingo para desfrutar do deporte da canastra, e onde todos os asistentes poderán vivir un auténtico aperitivo da Liga Endesa”.