O CB Breogán tivo unha fase de xogo coral con acerto e boas defensas e que fixo que tivera unha vantaxe de 7 puntos no electrónico de Riazor. Pero unha fase de varios minutos con varios erros, incluso de tiros doados, e o bo ton dos herculinos, remataron coas opcións celestes que non puideron co Leyma Coruña. O encontro rematou co resultado de 94-85.
