O Club Baloncesto Breogán poderá inscribirse na LEB Ouro grazas ao contra aval de 180 MIL euros que depositará a Deputación de Lugo. Así o acordou esta mañá o Goberno do ente provincial na reunión semanal da súa Xunta de Goberno.
Segundo o voceiro provincial, Álvaro Santos, o martes acababa o prazo para que o Breogán se inscribira nesta competición, pero debía depositar antes dita cantidade “da que non dispón como entidade”, motivo polo cal a Deputación acordou “facerse cargo” da mesma.
Segundo Santos, o club comprométese a devolver os cartos ou, de non ser así, a cantidade seríalle restada das subencións que a Deputación outorga a dito club.