O brote por Covid-19 de Meira suma outros dous positivos

O brote por Covid-19 de Meira suma outros dous positivos e sitúase en 18 infectados. Sobre o brote, que é de orixe familiar, continúanse facendo probas a todos os contactos.

En canto ao número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo é de 493, dous menos que onte, segundo informou a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización. Logo dun luns negro, o de onte, no que houbo que lametar oito falecementos en Galicia, un deles no Hula, o dunha muller de 77 anos que pertencía á Residencia Domusvi de Outeiro de Rei.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.119, deles 818 son da área da Coruña, 493 da de Lugo, 1.084 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 412 da área de Vigo, 527 da de Santiago, e 118 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 35 están en UCI, 199 en unidades de hospitalización e 3.885 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.344 persoas curadas, rexistrándose 765 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 515.983.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com