O bus urbano será gratuíto maña, 22 de setembro “Día Europeo sen Coches”

O Tenente de Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, anunciou que o bus urbano será gratuíto durante o 22 de setembro, debido á celebración do Día Europeo sen Coches. Rubén Arroxo animou ás veciñas e veciños de Lugo a “animarse a deixar o coche na casa e usar o transporte urbano”.

Día Europeo sen Coches

A celebración do Día sen Coches remóntase ao ano 1994, coas cidades de Reikiavik en Islandia, La Rochelle en Francia e Bath no Reino Unido exercendo como pioneiras desta iniciativa. No ano 1997, Gran Bretaña celebrou a nivel estatal o Día Sen Coches, sendo o primeiro estado en impulsar a celebración desta data. A Comisión Europea declarou no ano 2000 o Día Europeo sen Coches, como data de remate da Semana Europea da Mobilidade, que ten como obxectivo concienciar á poboación do uso do transporte público e dos medios de transporte alternativos, reducindo a dependencia do vehículo privado.

Novas relacionadas

  1. Oscar Poy
    Set 21, 2020 - 03:57 PM

    Lo de mejorar el servicio, no

    Gratuito un día

    Sobresaliente en propaganda, deficiente en gestión

    Reply
  2. Mar Rey
    Set 21, 2020 - 12:55 PM

    Y el día mundial sin estupideces de los “politicuchos” p”acuando??.?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com