O Cafés Candelas Breogán xoga mañá contra o Palencia

O equipo celeste visita ao Quesos Cerrato Palencia este venres (21:00 horas, FEBtv.com) no Polideportivo Marta Domínguez na segunda xornada de competición. O equipo lucense viaxa sen Matulionis e co propósito de ter aos tocados nas mellores condicións para buscar un resultado positivo ante un dos grandes conxuntos da LEB.

Logo de superar unha semana complicada pola lesión de Osvaldo e as molestias físicas de Nelson (luxación nun dedo), e os procesos gripais de Rakocevic e Howard, o Breogán tratará de sumar o segundo triunfo ante un equipo que conta con xogadores da talla de Marc Blanch, o ex celeste Dani Rodríguez, Dani Pérez, Urko Otegui, Barnes o Joan Tomas, dirixidos por un adestrador de sobrada experiencia como é Porfirio Fisac.

Os celestes viaxaron a Palencia esta tarde, e contan cunha hora de adestramento a mañá do partido no Marta Domínguez (11:30 a 12:30 horas). O partido está previsto para as 21:00 horas e será emitido en directo por FEBtv.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com