O Campo de Traballo “Rota do Románico de Pantón” remata hoxe

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe aos 18 mozos e mozas que rematan a súa estadía en Pantón como participantes do campo de traballo Rota do Románico, enmarcado dentro da campaña de actividades de verán que oferta a consellería de Política Social.

Dende o pasado día 1 de agosto, os participantes no campo estiveron desenvolvendo tarefas de limpeza e acondicionamento exterior da Rota do Románico e tamén de diferentes espazos urbanos. Tamén participaron na organización das XXIX Xornadas da Rota Románica de Pantón.

Pero ademais, gozaron de numerosas actividades complementarias, lúdicas e deportivas, como rutas de sendeirismo ou culturais pola Ribeira Sacra, piscina, kaiak, tiro con arco ou xogos tradicionais, entre outras.

Con todo, segundo destacou Balseiro, “entre o máis valioso que levan desta experiencia destaca a convivencia con persoas de distintas procedencias, aprendendo uns dos outros a valorarse e respectarse”.

En Pantón conviviron durante estas dúas semanas mozos e mozas de entre 18 e 30 anos procedentes de distintos puntos de Galicia (6), Rusia (2), Italia (2), Salamanca (2), e Francia, Alacant, Zamora, Bizkaia, Sevilla e Madrid.

Balseiro puido cambiar impresións cos participantes, e confirmou que esta actividade é eficaz tamén como “vía para divulgar, a través dun público diferente, o románico e a riqueza natural e paisaxística da Ribeira Sacra”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com