O candidato á Xunta de Galicia por En Marea Luís Villares arrancou a campaña en Lugo

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares, arrancou a a campaña electoral en Lugo, provincia pola que se presenta coa tradicional pegada de cartaces, onde afirmou que “comeza a campaña electoral en Galicia, un país que Feijóo deixa con 220.000 parados. Feijóo é paro.

Cos xulgados cheos de corrupción, coa Pokemon, con Bárcenas, cos sobres con diñeiro negro. Feijóo é corrupción. Con miles de mozos e mozas obrigados a saír do país para buscar traballo fora de Galicia. Feijóo é emigración. Cuns servizos de urxencias colapsados mentres hai camas nos hospitais pechadas. Feijóo é mala xestión. Con listas de espera interminables. Feijóo é sufrimento. Con seis desafiuzados ao día. Feijóo é desamparo”.

Villares asegurou que “Feijóo é a destrución e a miseria deste país e en fronte estamos nós, está En Marea, traemos a dignidade á política, somos xente preparada e honesta que vimos acabar coa corrupción e o sufrimento causado polo PP. Vimos crear emprego, vimos reconstruír o país cun proxecto baseado na democracia e na xustiza social. Queremos botar ao PP para acadar un país máis xusto”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com