Tras iniciar as xuntanzas das comisións abertas que definirán o programa eleitoral do BNG – Asambleas Abertas, Rubén Arroxo, candidato do partido á alcaldía de Lugo, visitou o campo de fútbol do Ceao.
Arroxo, que estivo acompañado da número dous da candidatura, Maite Ferreiro, do número tres, Antón Somoza, e do responsable local do BNG, Alexandre Penas, reclamou unha xestión máis transparente e democrática das instalacións deportivas municipais.
Escoitámolo: