O Centro Social O Carneiro Alado ten organizado para este venres día 10 de xullo as 20:30 h. na Casa Sindical lucense unha mesa redonda de debate para baixo o título “Marea Galega, camiñando sen tutelas” e na que participarán diferentes formacións incluídas nas chamadas mareas.
Por Ames Novo, Quique Costas – Coordinador de Ames Novo; Compostela Aberta: Jorge Duarte Vázquez – Concelleiro de Espazos Cidadáns; Ferrol en Común: Alvaro Montes Celeiro – Concelleiro de Participación Cidadá; Lugonovo: Iñaki García Gómez – Concelleiro; Marea Atántica: Alberto Lema Súarez – Concelleiro de Emprego e Economía Social; Xuntos por As Pontes: Alberto Pellón – Concelleiro; Marea de Vigo: Charo Bahamonde – Grupo Marea Feminista, e por último Ourense en Común con Martiño Xose Vázquez – Concelleiro.
Na táboa redonda os poñentes nunha primeira rolda de intervencións analizaran os resultados e traxectoria da marea ata as eleccións municipais, e nunha segunda volta exporán a sua visión sobre unha Marea Galega ás eleccións estatais, logo abrirase un debate co público asistente. As 20:00 os participantes atenderán as preguntas da prensa na propia casa sindical.