O barrio do Castiñeiro conta cunha nova pista deportiva unha das máis populosas da capital.
A instalación, integrada nunha parcela municipal de 800 m² entre as rúas Juana la Loca e Ramón Piñeiro, dispón de céspede artificial – para facilitar o seu coidado e mantemento – e estará delimitada por un peche perimetral.
A rexedora, acompañada polos concelleiros de Medio Ambiente,e de Xuventude e Deporte, participou no acto inaugural que incluíu, alén dun partido de fútbol amistoso entre a rapazada do barrio e o equipo Lugo Sala, unha chocolatada e a visita de varios xogadores do CD Lugo.
A apertura da pista coincide na mesma semana na que tamén se anunciou a renovación integral das zonas infantís do Castiñeiro. Unha intervención coa que tamén se unificarán os diferentes espazos de lecer que se aglutinan nesta contorna contribuíndo, así, a favorecer a convivencia interxeracional. A obra, que suporá un investimento de 365.000 euros, contempla un parque de xogos con tirolina, rocódromo e elementos inclusivos para crianzas con espectro autista.