O catálogo Libros infantís e xuvenís de Galicia recolle máis de 120 novos títulos

O catálogo de Libros infantís e xuvenís de Galicia 2019 difunde a produción galega máis recente para os lectores novos, con máis de 120 títulos publicados no último ano. Destinado á presentación comercial do libro galego no exterior, a Consellería de Cultura e Turismo edita esta obra en colaboración coa Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, Gálix, e co apoio da Asociación Galega de Editores (AGE).

“Esta publicación vai ser a embaixadora da nosa literatura infantil e xuvenil, non só dentro, senón especialmente fóra das nosas fronteiras, coa presentación da obra das nosas autoras e dos nosos autores en diversos foros profesionais”, explicou o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo. Como subliñou, “trátase dun catálogo que lle vai dar difusión ao conxunto de propostas editoriais que representan a sobresaínte calidade da literatura infantil e xuvenil en Galicia”.

A edición trilingüe do catálogo, en galego, castelán e inglés, permítelles a escritores, ilustradores e editores contar cun material de presentación para a promoción dos seus libros nos encontros internacionais do sector. Participan neste catálogo, entre outras, as editoriais Galaxia, Xerais, Bululú, Hércules de Ediciones, Kalandraka, Rodeira – Grupo Edebé ou OQO editora. A presentación en Galicia tivo lugar esta tarde na Biblioteca Pública de Lugo, a cargo do propio Anxo M. Lorenzo e do presidente de Gálix, Xosé Antonio Perozo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com