O CD Lugo di adeus a Eloy Jiménez e da a benvida a Curro Torres

O Consello de Administración do CD Lugo decidiu na tarde de onte destituir a Eloy Jiménez como adestrador do primeiro equipo. A decisión, segundo asegura o club nun comunicado, foi tomada unha vez analizada a situación do conxunto albivermello en LaLiga SmartBank.

Asemade, e seguindo con esta nova liña de cambio, o club presentaba esta mesma mañá a Curro Torres, que será o substituto de Jiménez adestrando ao equipo.

Cun gran percorrido no fútbol profesional como xogador, Torres comezou a súa traxectoria no Valencia Mestalla, ao que dirixiu durante tres tempadas e estuvo preto de levar a LaLiga SmartBank. Sen embargo, o seu debut en Segunda Divisiónproduciuse na tempada 2017/2018 na que foi titular do banquillo do Lorca FC. A tempada pasada, tras unha breve experiencia no NK Istra FC de Croacia, dirixiu ao Córdoba CF.

Curro Torres foi presentado hoxe ás 13:00no propio Estadio Anxo Carro e arrancará o seu traballo o vindeiro domingo no campo do Ceao dirixindo a súa primeira sesión co equipo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com