O Club Deportivo Lugo pon en marcha a campaña ‘Familia Albivermella, actualízate!’‘ coa que busca actualizar os datos dos seus abonados. O club pretende poñer ao día os datos dos seus socios para facilitar a interacción e a comunicación con eles.
Desta maneira, busca ofrecer mellores servizos que redunden en beneficio da masa social albivermella. Entre todos os que participen nesta campaña de actualización realizaranse diferentes sorteos e optarán a premios como: abonos para a tempada 2018-2019, camisetas asinadas polos xogadores do primeiro equipo, experiencia premium no Estadio Anxo Carro e entradas para o partido #LugoAlmería.
O prazo para participar na campaña poñerase en marcha desde hoxe mércores 9 ata o vindeiro xoves día 31 de maio no enlace: www.cdlugo.com/area-social/actualizaciondatos