O encontro comezaba cos dous equipos centrados en pecharse atrás, ainda que era o Lugo quen dominaba no esférico e que conseguía a primeira ocasión clara no minuto catro, gracias a un rebote que Caballero non aproveitou. O partido continuaba co dominio dos visitantes, pero co Real Zaragoza aproximándose cada vez máis a portería de José Juan, que no minuto oito paraba un tiro a porta de Ángel.
Xa na segunda parte, o Zaragoza subíu a liña de presión e comezou a dominar o encontro, facendo sufrir ao Lugo, quen no minuto 74 e gracias a un erro do porteiro local, Ferreiro poñía o 0-1 no marcador. Un minuto despois e co marcador ao seu favor, o Lugo vía como era expulsado Seoane, por dobre cartuliña e se quedaba con 10 xogadores, situación que aproveitaron os locais no minuto 83 cun gol de Ángel que igualaba o encontro e un minuto despois era Lanzarote quen facía o segundo para o Zaragoza. Xa no tempo de desconto, era Dongou o que poñía o 3-1 definitivo no marcador.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.