O CD Lugo perde dous puntos no tempo de desconto

O encontro comezou cun intercambio continuo de golpes entre ambos equipos, con posesións curtas e chegadas en poucos toques. O Lugo partía coas ausencias de Pita, Hernández e Caballero por lesión e na busca de protagonismo, intentando o control no esférico e unha boa xestión na fase ofensiva. O Alcorcón nunha linea moi marcada de aproximación directa, rondaron con perigo a área de José Juan, que aos quince minutos de xogo paraba un gran disparo de David Rodríguez.

Co encontro bastante igualado, foron os de Milla a poucos minutos do descanso os que se adiantaron no marcador, nunha boa xogada de Ferreiro pola banda esquerda, centro medio, e Iriome rematou cun gran testarazo ás mallas. O partido chegaba ao descanso con vantaxe para o Lugo e con boas sensacións, tanto na faceta ofensiva como defensiva.

Xa na segunda parte, os locais cambiaron o prantexamento no xogo e pasaron a xogar cun caracter máis ofensivo e máis efectivos arriba, na búsqueda dunha saída rápida e con catro homes cerca da área, o que motivou cambios no Lugo, coa entrada de Sergio Marcos en lugar de Campillo. Así os de Milla mantiñan a súa aposta fronte ao rival cada vez máis volcado sobre a meta de José Juan.

O final do encontro foi tenso e con ritmo a partes iguais, pero xa no tempo de desconto, Mayor remataba á rede un centro de Collantes que poñía a igualada definitiva no marcador, e deixaba aos de Milla cun cuarto empate consecutivo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com