O CD Lugo porá un bus a disposición dos aficionados que queiran acompañar ao equipo a Santander o vindeiro venres, 13 de marzo. O vehículos será gratuito para todos aqueles seareiros que merquen a entrada reducida de 13 euros.
O que desexe a praza deberá solicitala ao mercar a localidade. Aínda que os abonados terán preferencia na compra das entradas de custe reducido, a venda está aberta a calquera aficionado albivermello que desexe acudir ao encontro.
Para que o bus saia, deberanse cubrir, a lo menos, 40 prazas. Asemade, o club ten prevista a saída o venres ás 15 horas dende o Anxo Carro e o regreso unha vez que finalice o partido.