O Club Deportivo Lugo SAD, ante a situación provocada polo brote de infección do Coronavirus ( COVID-19), e tendo en conta as perspectivas de evolución comunicadas polos organismos oficiais e institucionais, manterá pechadas ao público de forma temporal todas as instalacións, oficinas e tenda oficial. Quedan suspendidos todos os actos institucionais e con patrocinadores previstos, así como roldas de prensa.
Desta maneira mantense o compromiso firme de velar pola protección da saúde e a seguridade dos integrantes do club, as familias e a cidadanía en xeral. Neste sentido, os xogadores do primeiro equipo, así como do equipo filial, seguirán un plan de adestramento personalizado nos seus domicilios.
Poñemos á súa disposición para calquera consulta que necesiten facer o seguinte correo electrónico: cdlugo@cdlugo.com.