O CD Ribadeo, campeón da Copa Deputación Preferente

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, participou onte na entrega de trofeos da final da Copa Deputación de Fútbol 2019 na categoría Preferente/1ª Autonómica. Un partido que enfrontou ao C.D. Lemos contra o C.D. Ribadeo, no campo da Medela de Taboada, e no que os ribadense impuxéronse ao equipo de Lemos. Campos Conde destacou “a importancia que ten a Copa Deputación á hora de crear sinerxias entre os equipos da provincia, unha competición que vai máis alá do fúbol. Grazas a este torneo moitas localidades poden desfrutar das promesas do fútbol lucense ao tempo que dinamizamos a vida dos Concellos co desprazamento dos equipos e de afeccionados”.

Todos os xogadores, así como o equipo arbitral, recibiron medallas como recordo do seu bo facer durante toda a  competición.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com