O CEI Nodus desborda talento feminino

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, inaugurou este venres, no CEI-NODUS, a Mesa Talento en Feminino, que organiza o Concello xunto á Asociación de Mulleres Empresarias, co obxecto de visibilizar e fomentar o talento das mulleres.

Nesta mesa redonda participaron tres emprendedoras de éxito: Mónica Pérez, fundadora de Triesfera, unha empresa de deseño e impresión en 3D que saíu do plan de apoio ao emprendemento Inicia Coworking do Concello; Noemí Bellas, fundadora de Libolis, a primeira escola de emprendemento para nenos e nenas de Galicia; e Maruxa García, xerente e cofundadora de Tastelab, a primeira empresa de tecnoloxía de análise sensorial de España, spin off do Campus Terra.

No acto, Prieto amosou o apoio do Goberno a todas aquelas iniciativas, actividades e ideas que impulsen o emprendemento, en especial o feminino, ao tempo que destacou o papel de visibilización que se consigue con este tipo de xornadas, coas que se lembra e homenaxea a todas aquelas mulleres innovadoras, que axudaron e axudan co seu talento ao avance da sociedade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com