O cemiterio acolle un concerto dentro da Semana de Música do Corpus 2015

A Concellería de Servizos Xerais e Participación Cidadá, informa que o próximo sábado 30 de maio ás 18 horas celebrarase o concerto organizado dentro da programación do Festival de Música Cidade de Lugo, XLIII Semana de Música do Corpus 2015, no cemiterio de San Froilán, recinto que está xa totalmente integrado na rede de centros socioculturais da cidade.

O concerto correrá a cargo do Cuarteto de saxofóns Skirion, quenes nos acompañarán e gratificarán coas súas interpretacións musicais. Este grupo, formado por catro mozos galegos, comenzou a súa andaina no ano 2012 tendo alcanzado as semifinais nas Xornadas Europeas de Música de Cámara en Illzach (Francia). As súas actuacións puideron ser aprezadas nos auditorios e conservatorios máis importantes de Galicia e España.

En xaneiro do 2014 gravaron o seu primeiro traballo discográfico, “Recitation Book” cun interesante percorrido polas obras de Bach, Maslanka, Paul Creston e Granados.

Nesta ocasión ofrecerannos pezas musicais de Jean Baptiste Singelée, Gabriel Pierné, Eugène Bozza e Alfred Desenclos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com