O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece un tour virtual polas súas instalacións

O Cemiterio Municipal de San Froilán ofrece dende hoxe un tour virtual polas súas instalacións. Así o vén de dar a coñecer a Concelleira de Concello e Cidadanía en funcións, Rosana Rielo, quen enmarcou esta nova acción de difusión do camposanto na estratexia do Concello de potencialo como recurso patrimonial, histórico e turístico. Trátase dunha forma novidosa de coñecer o Cemiterio Municipal, de xeito cómodo, sólo a un click, onde se poderán atopar, cunha mimada e coidade imaxe, a través dos ollos de Álvaro Barreiro, os distintos monumentos do camposanto, persoeiros destacados, ou incluso a propia capela, entre outros.

Concretamente, o tour virtual conta con 79 fotografías panorámicas 360º, con 291 marcadores puntuais, 47 imaxes que son puntos de interese, 11 documentos explicativos e 2 galerías de fotos do Mauselo da familia Ventosinos e do Panteón de García Abad.

As persoas interesadas en realizar este tour polo cemiterio, que atesoura os premios de Mellor Monumento Arquitectónico de Cemiterios de España e o de Mellor Actividade de Portas Abertas de Cemiterios de España, poden acceder a través da web cemiterio.lugo.gal. O Cemiterio de San Froilán forma parte tamén da Rede de Cemiterios Patrimonias, a Asociación Europea de Cemiterios, está na Ruta dos Cemiterios Españoles e Europeos, e na Asociación de Entidades Municipais de
Cemiterios.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Ana Argiz
    Xuñ 13, 2019 - 09:39 PM

    Cualquier día le pone un tiovivo y una churrería….

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com