A Deputación de Lugo pon a disposición de persoas investigadoras, mestres artesáns e músicos o Catálogo de Zanfonas Históricas de Galiza, O arquivo dixital facilita o acceso interactivo a información sobre 25 instrumentos datados entre os séculos XVIII e XX e conservados por museos e institucións, colectivos culturais e coleccionistas privados: o Centro de Artesanía e Deseño de Lugo, o Museo de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego, o o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo Massó de Bueu, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, a Fundación Santamarina Temes de Ourense, a Escola de Artes e Oficios de Vigo, o Coro Galego Cántigas da Terra, o Real Coro Toxos e Froles, a familia Santalices Muñiz (Pontevedra) e a familia Fuciños Gómez (Melide).
O catálogo ofrece unha galería de imaxes, un visor de 360 graos interactivo e arquivos métricos en formato .jpg e .dwg de cada un dos instrumentos, ademais de documentación sobre a súa procedencia e historia organolóxica.
Segundo expón o director da Colección de Instrumentos Musicais, Obxectos Sonoros e Arquivo Documental do Centrad e responsable deste arquivo dixital, Luciano Pérez, “o catálogo ofrece a posibilidade de tomar algunhas medidas básicas sen necesidade de acceder directamente aos intrumentos, evitando, por outra parte, o inevitable deterioro”. Ademais, incide, “este formato permite actualizar os contidos cada vez que teñamos infomacións relevantes”.
O arquivo, dispoñible en https://cultura.deputacionlugo
O deputado de Artesanía e Deseño, Efrén Castro, sinala que “con este catálogo dixital documentamos o coñecemento xenerado e compartido durante ese encontro e ofrecemos unha ferramenta útil para a investigación e a formación arredor deste instrumento milenario, avanzando no obxectivo de proxectar Lugo e o Centro de Artesanía e Deseño, nun espazo de referencia a nivel europeo”.