Esta nova modalidade de futbol, consiste en xogar ao fútbol metido no interior dunha burbulla xigante coa que se rebota contra os adversarios, o que constitúe un pasatempo de gran divertimento e de xeito seguro.
O fútbol burbulla é unha actividade deportiva nada en Noruega no ano 2011 que está a gañar adeptos de xeito rápido. Neste deporte conxúganse fútbol e diversión, moita diversión. Xógase por equipos e nos mesmos campos, pero coa diferenza de que os participantes van dentro dunha burbulla xigante inchable.
O torneo celebrarase o domingo 28 de agosto. Pola mañá fase de grupos e pola tarde as eliminatorias e finais.