O centro Sociocultural de Riotorto pasará denominarse Avelino Díaz

O centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de Riotorto (As Rodrigas) levará o nome do poeta Avelino Díaz de forma oficial dende o vindeiro luns, 16 de maio, data prevista de celebración do nomeamento.

A dito acto, organizado polo Concello de Riotorto, foron convidados os membros da asociación cultural que leva o nome do poeta e que está a traballar para que o día das Letras do 2017 se lle dedique ao poeta.

Ademais dos membros da asociación, asistirán un gran número de autoridades entre as que se atopan Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; Raquel Arias, Delegada da Xunta de Galicia en Lugo, alcaldes, e outras autoridades.

Este acto sumase, como xa queda dito, a outros que se están a desenvolver co fin de conseguir que a RAG lle dedique a Avelino Díaz, as Letras Galegas do 2017, cando se cumprirán 120 anos do seu nacemento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com