O Chamaco, declarado culpable polo xurado popular

O xurado popular vén de declarar culpable do asasinato da súa muller a José Manuel Carballo, o Chamaco. Un suceso que tivo lugar o 11 de febreiro de 2016 en Becerreá. O xurado, formado por seis homes e cinco mulleres, tomou esta decisión de maneira unánime.

O acusado, que no primeiro día de xuízo se declaraba inocente, asegurou que o asasinato da súa muller ocorreu por accidente, ao disparárselle a escopeta que portaba mentres intentaba suicidarse. Unha hipótese que se podería barallar de non ser pola declaración dun garda civil experto en criminalística que declarou que a bala tiña unha traxectoria recta.

O Chamaco foi declarado culpable por unanimidade do delito de asasinato, e de amenazas á súa muller. Asemade, tamén se lle considera culpable dun delito de malos tratos ao seu fillo menor ao que alcanzou cunha bala. Así, o ministerio fiscal mantivo a súa petición de 31 anos de prisión para o acusado: 28 polo delito de asasinato, 2 polo de amenazas e outro máis polo delito de maltrato.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com