O ciclo Cultura no Río achega este martes o espectáculo “No Conto da Raposa”

O paseo fluvial do Miño acollerá este martes, ás 19:30 horas, un novo espectáculo de Cultura no Río baixo o título No Conto da Raposa, de Nuno Santos e Samantha Jesus, dentro da programación da Capital da Cultura vencellada ao río.

A actividade, apta para todas as idades e que terá lugar ao aire libre, consiste nunha antoloxía de contos da tradición oral ibérica, con lobos e raposos, na que se mesturan técnicas de narración oral e monicreques de luva, nun espectáculo moi rítmico e visual.

“No Conto da Raposa” é unha antoloxía de relatos lusos protagonizada polo personaxe de Raposa, o máis astuto dos animais. O espectáculo alterna o contacontos e o teatro de monicreques, ao estilo tradicional, e celebra os antigos coñecementos da cultura popular en divertidas historias rítmicas e actuais.

Esta mostra conta con varias referencias, entre elas: “Romance da Raposa”, de Aquilino Ribeiro, as fábulas de Esopo e o famoso conxunto de relatos medievais “Romance de Renart”, que seguramente inspirou as versións contadas e recontadas durante xeracións.

Toda a información, así como do resto da programación pode consultarse a través da páxina web www.lugocapitaldacultura.com, onde se atopan actualizados os horarios, ubicacións e datas das diferentes iniciativas que terán lugar ao longo do ano na cidade amurallada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com