O ciclo “Lugo ten Música” levou a música tradicional á Praza do Campo

O Grupo de Música Tradicional da Escola Municipal de Música, que dirixen Julian Villamor e Mercedes Martinez, ofreceron o terceiro dos concertos programados do ciclo “Lugo ten Música” previsto para este mes de maio, que organiza a Escola Municipal de Música en colaboración coa Asociación de Usuarios da Escola Municipal de Música. Os interpretes nos concertos son os propios alumnos da escola

A actuación foi programada co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Gaitas, acordeóns, percusións e cantareiras interpretaron temas de autor e populares.

O ciclo continuará en próximas datas levando concertos e actividades musicais a distintos puntos da cidade. Así o próximo o día 25 haberá un ensaio aberto do Grupo de Clarinetes na praza da Soidade a partir das 19:00 horas; o luns 29 ofrecerase un concerto da Banda de Música na praza Maior a partir das 19:00 horas e o día 1 de xuño as actividades trasladaranse ao Paseo do Rato onde terán lugar, entre as 16:00 e as 20:00 horas, as aulas de saxofón.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com