O Circuíto municipal Jorge Prado volverá a ser sede do Campionato de España de Motocrós na súa categoría elite en 2024. A proba celebrarase a última fin de semana do mes de febreiro, os días 24 e 25, xusto dúas semanas antes do comezo do Mundial en Arxentina.
A gran cita galega será a segunda da tempada e constará de competicións nas tres clases superiores do campionato, MX1, MX2 e 125 c.c. Do mesmo xeito que o ano pasado estarán na grella os mellores pilotos nacionais e unha boa representación internacional, nun último exame antes de arrincar o Mundial. En 2023, Rubén Fernández subiu ao máis alto do podio por diante de Jorge Prado e Yago Martínez. Esta competencia volverá ser o aliciente da convocatoria, xa que a carreira de Lugo será toda unha homenaxe ao rider lucense, Campión do Mundo de MXGP, que confirmou a súa presenza na pista que leva o seu nome.
Está será a única carreira de pretempada na que participe Prado, quen deberá concentrar a súa pretempada e test técnicos en só mes e medio, unha vez concluída a súa experiencia americana no supercrós. O evento no circuíto lucense servirá para homenaxear o título mundial e animalo ante o reto do Mundial 94, no que lucirá o número 1 sobre a súa Gas Gas.
As entradas estarán á venda nos próximos días.