O Club Deportivo Lugo enfrontase o próximo domingo ao Girona FC. no estadio Municipal de Montilivi. Luís Milla destaca a importancia de relativizar todos os elementos externos ao propio xogo para obter o máximo rendemento. Espera que o seu equipo poida realizar un partido completo dende os primeiros minutos.
Luís Milla sinalou que “ o Girona FC é un equipo intenso, competitivo e que vai estar arriba. Manteñen a base do curso pasado e reforzáronse ben. É un conxunto moi agresivo e que traballa ben na presión. Non che deixan evolucionar no teu propio campo”.
Para o adestrador lucense o importante é “que temos que estar moi concentrados, moi acertados. Necesito un equipo competitivo dende o inicio” e espera que o seu equipo sexa capaz de manexar o ambiente, “temos xente con experiencia en Segunda que seguro o afrontará con garantías”, concluíu.