O Club Deportivo Lugo recibe este domingo, ás 12:00 horas, ao Real Valladolid no Anxo Carro, nun partido do que o seu técnico, Luís Milla, espera un rival competitivo polas características similares de ambos clubs. O Valladolid, entrenado polo burgalés Miguel Ángel Portugal, mostrase como un equipo con posesión do balón, que ataca dende o comezo do xogo e que chega cunha actitude positiva, logo dos último resultado acadados. Para Milla ” están medrando, é un equipo no que a maioría dos seus xogadores competiron en Primeira División, e iso dalles un plus de calidade. Apretan no medio campo, estan xuntos e son sólidos”.
Para o Lugo, a idea está clara, deben seguir medrando como equipo e van ir a por todas. Conta coa boa noticia de Pablo, que os está axudando en todas as facetas do xogo, está moi motivado e é determinante polos seus goles. Asemade, a renovación de Iriome, unha aposta do club, é outra noticia moi positiva. O reto do CD Lugo está en mellorar cada semana, “a ambición de cada xogador é clave. Hay cousas que podemos cambiar, analizando e xestionando os problemas concretos”, subliñou o seu técnico. Para Milla “xogar na casa, cunha afición que non para de apoiar e animar ao seu equipo é fundamental. A nosa afición é a nosa fortaleza”, concluíu.