O Club Fluvial de Begonte ultima os detalles para acoller a Festa da Empanada

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde e o Presidente do Club Fluvial de Begonte, Eugenio Arraña Suárez, presentaron hoxe a Festa da Empanada de Begonte que terá lugar o vindeiro fin de semana, 14 e 15 de xullo, no Club Fluvial da vila, onde se celebra dende fai máis de 40 anos. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita gastronómica cunha achega de 3.000 euros, como unha das liñas do seu Plan Estratéxico de Turismo.

Vidal Baamonde remarcou que “o Goberno da Deputación colabora activamente con estes eventos gastronómicos, para promocionar á calidade dos produtos autóctonos, ao tempo que ofrecemos unha actividade atractiva a lucenses e visitantes durante a época de verán. Ademais esta festa é un importante pulo á economía local, posto que se favorece a afluencia de público chegado dende distintos puntos da xeografía lucense e galega, na que saen á venda máis de 2.000 racións”.

O Presidente do Clube Fluvial, Eugenio Arraña Suárez, agradeceu a colaboración da Deputación na promoción deste evento, e convidou a todos os visitantes a achegarse a este entorno privilexiado de Begonte e desfrutar desta fin de semana.

A Festa da Empanada comeza o sábado 14 de xullo con sesión vermú e verbena. O domingo día 15 a festa continua co sorteo dun cabrito, e a partir das 18:00 horas actuación da banda Sons e Soños, e despois sesión de tarde. Para facer reservas da venda de comidas a organización ten dispoñibles os seguintes teléfonos; 679 428 344- 619 821 975.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com