O Colexio de Enfermería vístese de violeta para reivindicar o Día da Muller

Este ano de forma diferente pola situación sanitaria pero, coa mesma forza e determinación que sempre, o Colexio Oficial de Enfermería de Lugo quere reivindicar o Día da Muller. A inimaxinable crise xerada no mundo pola Covid-19 deixou patente a importante contribución das mulleres e tamén as cargas desproporcionadas que soportan.

Como muller, como home, como nai, como pai, como especialistas na vida e a saúde das persoas, as enfermeiras e os enfermeiros comprobamos que as mulleres están en primeira liña da loita contra esta pandemia, como traballadoras da saúde, coidadoras, representantes comunitarias, investigadoras e un longo etcétera.

Este ano o lema do Día da Muller é ‘Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da Covid-19′. Desde o colexio de enfermería apelamos a que a nosa forza sexa VIRTUAL, dadas as circunstancias sanitarias, pero igualmente traspasará fronteiras, diferenzas culturais, económicas, ideolóxicas e de calquera tipo, para reivindicar que as mulleres unidas temos o poder de cambiar o mundo e lograr a igualdade en todos os niveis da sociedade.


Texto: Colexio Oficial de Enfermeras de Lugo

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com