O comercio de proximidade comeza unha nova campaña dos ‘Días azuis’

O comercio lucense de proximidade celebrará dende hoxe e ata o día 20 unha nova edición da campaña Días Azuis, que pretende impulsar as vendas e poñer en valor o importante papel económico e social do sector.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación desta iniciativa, que promoven a Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Federación Galega de Comercio, en colaboración con Abanca. No acto participaron tamén o presidente da citada Federación, José María Seijas, e Javier Soto en representación da entidade financeira.

Balseiro subliñou os bos resultados que está a dar esta campaña, que alcanza xa a cuarta edición. Na anterior, que se desenvolveu no mes de maio, rexistráronse 29.000 tíckets de compra na provincia de Lugo.

Durante as datas de duración da campaña, os clientes que merquen nos establecementos minoristas poden participar no sorteo de 16.200 euros, repartidos nun total de 80 tarxetas prepago regalo, de 300 e de 150 euros. Para participar hai que rexistrar a compra na páxina da campaña https://www.diasazuis.com/ ou solicitar ao comerciante que faga o rexistro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com